Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada OU-301 Xinzo de Limia-Bande, treito Ponteliñares-Ganade, clave OU/98/75.1, concellos de Porqueira e Xinzo de Limia.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras para

realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data de 30 de xullo de 2001, procédese á aprobación do proxecto das obras de acondicionamento da estrada OU-301 Xinzo de Limia-Bande, treito Ponteliñares-Ganade, clave OU/98/75.1, concellos de Porqueira e Xinzo de Limia, polo director xeral do Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 7 de setembro de 2001, a Xunta de Galicia procedeu a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 233/2001, publicado no DOG nº 191, do 2 de outubro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran nas relacións expostas nos concellos de Porqueira e Xinzo de Limia, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor e os danos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Xinzo de Limia.

DataHoraNº predio

15 de abril de 2002De 11 a 13Do 001 ó 030

15 de abril de 2002De 16 a 18Do 031 ó final

Casa do Concello de Porqueira.

DataHoraNº predio

16 de abril de 2002 De 9 a 13Do 001 ó 070

16 de abril de 2002De 16 a 18Do 070 ó 120

17 de abril de 2002 De 9 a 13Do 121 ó 190

17 de abril de 2002De 16 a 18Do 190 ó 240

18 de abril de 2002 De 9 a 13Do 241 ó 310

18 de abril de 2002De 16 a 18Do 311 ó 360

19 de abril de 2002 De 9 a 14Do 361 ó final

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Porqueira e Xinzo de Limia e na Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, r/ Sáenz Díez, nº 1.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo acompañarse se o consideran dos seus peritos e notario.

Así mesmo, en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa,

ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da pubicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas de Ourense, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 14 de febreiro de 2002.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio Provincial de Estradas de Ourense