Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relaciona apertura de expediente sancionador pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Ángel Santos Picos).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase apertura de expediente sancionador pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, en aplicación dos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na Praza de Pontevedra nº 22, na Coruña, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 11 de febreiro de 2002.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: Ángel Santos Picos.

DNI: 32617519.

R/ Espartero 9-3º C.

Ferrol.

Procedemento: expediente sancionador asociado á acta nº 15/2000/001811/0628.

Acordo de inicio e proposta de resolución.