Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 08 de marzo de 2002 Páx. 3.158

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de febreiro de 2002 pola que se regula o concurso público para a concesión de subvencións a empresas privadas para fomenta-lo uso social da lingua galega.

De acordo co disposto na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, a Xunta de Galicia promove o uso do galego, lingua propia de Galicia, e recoñece, así mesmo, que as empresas privadas, pola súa incidencia e implantación territorial e social, poden constituírse en promotoras da extensión do uso social do noso idioma.

Polo exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de acordo coa normativa vixente en materia de subvencións, fai pública esta convocatoria, mediante a que pretende anima-las empresas a que realicen actividades encamiñadas a aumenta-lo uso social da lingua galega a partir do seu emprego no ámbito económico e mercantil.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta convocatoria ten por obxecto regular, para o exercicio do ano 2002, a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a empresas privadas para fomenta-lo uso social da lingua galega, a través da creación ou mantemento dun gabinete lingüístico; a rotulación, etiquetaxe e embalaxe industrial e a confección de documentación creativa; e a organización de campañas publicitarias e a elaboración de páxinas web, de acordo coas bases específicas.

As actividades que se propoñan realizaranse desde a entrada en vigor desta convocatoria ata o 30 de setembro de 2002.

Artigo 2º.-Suxeitos.

Poderán solicita-las subvencións reguladas nesta orde tódalas empresas privadas que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro correspondente.

Quedan excluídas as seguintes persoas xurídicas privadas:

a) As que teñan un capital no que a participación dunha ou varias administracións públicas sexa maioritaria.

b) Aquelas que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e non xustificasen o seu investimento.

Cada solicitante presentará no anexo oficial, debidamente cuberto, un único proxecto de actividade subvencionable.

Quedarán eliminadas automaticamente as solicitudes que excedan este número.

Artigo 3º.-Orzamento.

As subvencións concederanse con cargo á partida orzamentaria 07.06.353E.470.0 correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, por unha contía máxima total de 601.012,10 A, e de acordo coas bases específicas.

A contía de cada subvención non poderá supera-la cantidade de 12.025 A por acción solicitada.

Artigo 4º.-Órgano competente para a xestión das axudas.

Corresponderalle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, a realización das tarefas de xestión desta convocatoria, con estricta suxeición á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 5º.-Requisitos.

Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los requisitos especificados nas correspondentes bases específicas e, así mesmo:

-Os textos dos proxectos propostos deberán estar redactados integramente en galego segundo o disposto na lexislación vixente (disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, e Decreto 173/1982, do 17 de novembro), e non poderán coincidir literalmente con outra lingua.

-Os adxudicatarios das subvencións deberán coidar dun xeito especial a calidade lingüística dos textos que elaboren. En todo caso, e para estes efectos, a Dirección Xeral de Política Lingüística pon ó dispor dos adxudicatarios os seus servicios técnicos.

-Non serán obxecto de subvención aquelas accións que fosen subvencionadas nos tres exercicios anteriores ó de 2002 (1999-2001), e que supoñan reedicións delas. Estas circunstancias deberán acreditarse inescusablemente no anexo da solicitude.

-Os proxectos achegados deberán ter un investimento mínimo de 4.800 A, excluíndose automaticamente os que non acaden a cifra mencionada.

Artigo 6º.-Criterios de concesión e valoración das propostas.

Os criterios preferentes de concesión serán os seguintes:

a) A perdurabilidade temporal da acción.

b) A incidencia na trama socioeconómica da actividade que se pretende realizar, entendéndose como tal tanto o sector xeográfico ó que afecta coma a súa difusión social (as repercusións nos receptores).

c) A viabilidade da actividade proposta e a adecuación do orzamento previsto ós valores reais de mercado

A valoración realizarase por tramos en función dos seguintes parámetros:

1. A extensión no tempo da acción: permanente/eventual.

2. A incidencia xeográfica e socioeconómica: ámbito xeográfico (local, provincial, comarcal e autonómico); e número de traballadores da empresa solicitante (0 empregados; menos de 5; de 5 a 9; de 10 a 19; e, 20 ou máis traballadores).

3. A viabilidade da acción: real/ irreal.

O número de empregados deberá acreditarse achegando os correspondentes documentos TC2.

A contía de cada subvención non poderá supera-la cantidade de 12.025 A por acción solicitada.

Artigo 7º.-Documentación.

As solicitudes, no modelo oficial, xunto coa documentación citada a seguir, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado de data a data, desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados presentarán a seguinte documentación e na orde que se cita:

1. Solicitude debidamente cuberta e asinada, utilizando o anexo I desta convocatoria. A solicitude deberá especificar claramente as características do proxecto, sendo estrictamente obrigatorio que tódolos epígrafes aparezan cubertos, coa finalidade de poder ser valorada polos servicios competentes da Dirección Xeral de Política Lingüística.

2. Se é o caso, formulario de autorización, cuberto, asinado e selado pola empresa solicitante, de acordo coa cláusula terceira do convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

3. Escrito no que se faga constar:

a) A actividade principal da empresa.

b) O número de empregados. Isto acreditarase achegando os correspondentes documentos TC2.

4. Fotocopia compulsada da escritura pública de constitución da empresa solicitante e da constancia da inscrición da escritura no Rexistro Mercantil.

5. Fotocopia compulsada do poder notarial do representante da empresa e da constancia da inscrición do poder no Rexistro Mercantil.

6. Fotocopia do último recibo do imposto de actividades económicas.

7. Fotocopia do CIF da empresa.

8. Certificado orixinal no que consten os datos bancarios, selado e asinado pola entidade financeira.

9. Memoria explicativa na que se detallen e cuantifiquen polo miúdo as actividades que integran o proxecto para o que se solicita a subvención, xustificando adecuadamente a viabilidade da proposta e a súa temporalización.

10. Cando se trate da creación ou mantemento dun gabinete lingüístico, na memoria do proxecto deberán especificarse as funcións que vai realizar dentro da empresa (formación, asesoramento, dinamización, etc.) así como a competencia en lingua galega do citado persoal contratado.

11. No caso da rotulación permanente e da rotulación ou impresión que teña fins publicitarios deberá achegarse o texto en galego que se pretende imprimir. O citado texto deberá vir corrixido por algún especialista en lingua galega, para isto a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pon ó dispor

de calquera entidade os seus servicios técnicos e o persoal dos gabinetes de normalización lingüística situados nas delegacións provinciais da consellería.

12. Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes.

As empresas individuais presentarán, no canto dos documentos especificados nos puntos 4 e 5, unicamente unha fotocopia compulsada do NIF do titular.

Artigo 8º.-Procedemento.

Recibida cada solicitude de subvención e a súa documentación, será analizada e, se é o caso, requiriráselles ós solicitantes para que nun prazo de dez días hábiles emenden os posibles erros ou ausencias de documentación; transcorrido este prazo as solicitudes arquivaranse sen máis trámite.

Aquelas solicitudes que cumpran cos requisitos da orde de convocatoria serán valoradas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Política Lingüística, segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 6, e os expresados nas bases específicas. O director xeral de Política Lingüística elevaralle a correspondente proposta ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias. A resolución comunicaráselles ós solicitantes e poralle fin á vía administrativa.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da recepción da resolución polo solicitante, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Entenderanse desestimadas as solicitudes presentadas, de non resolverse expresamente esta convocatoria no prazo de cinco meses a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 9º.-Aceptación da subvención e compromisos.

No prazo máximo de dez días contados a partir da notificación de cada resolución, as empresas seleccionadas terán que lle comunicar por escrito a súa aceptación da subvención concedida, e dos compromisos que isto supón, á Dirección Xeral de Política Lingüística. A omisión desta comunicación dará lugar ó arquivo do expediente sen máis trámite.

Tamén por escrito e no mesmo prazo de dez días, deberán comunicarse á Dirección Xeral de Política Lingüística as renuncias ás subvencións concedidas, expresando as circunstancias polas que se producen.

Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron

concedidos e non poderán solicita-lo cambio para outro proxecto. Tamén teñen a obriga de lles facilitar ós servicios competentes da Dirección Xeral de Política Lingüística toda a información requirida. A Dirección Xeral de Política Lingüística poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

Nas publicacións, e unicamente neste caso, constará, coa mesma técnica que os créditos da entidade promotora, o patrocinio da Xunta de Galicia, empregando para iso os logotipos aprobados pola imaxe corporativa. O texto utilizado deberá ser subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística. O emprego indebido e/ou incorrecto deste texto será motivo de perda da subvención.

Artigo 10º.-Xustificación.

O prazo improrrogable de xustificación e entrega da totalidade da documentación que a seguir se cita, nas condicións recollidas nesta orde, rematará o día 30 de setembro do ano 2002.

Antes da citada data deberase remiti-la seguinte documentación á Dirección Xeral de Política Lingüística, xunto cun escrito no que se cite o número de expediente e os documentos remitidos:

1. As facturas, contratos e nóminas e xustificantes de gasto que correspondan segundo as distintas bases específicas: os xustificantes dos gastos realizados deberán ser orixinais ou fotocopia compulsada, de acordo coa resolución de concesión e nos termos expresados no proxecto presentado, por un valor mínimo equivalente ó dobre da axuda outorgada, excluído o IVE. No caso de que o importe xustificado sexa inferior ó dobre da axuda outorgada, excluído o IVE, esta reducirase de maneira proporcional automaticamente. Só se cursarán requirimentos cando as facturas sexan incorrectas en tempo e/ou en forma.

Non terán a consideración de subvencionables, para cada unha das accións realizadas, os conceptos que de seguido se relacionan:

a) Gastos correntes: aluguer de locais, gastos de funcionamento (luz, auga, teléfono...), consumibles (cartuchos de tinta, disquetes, cintas, carretes de fotos, etc.), material de oficina (bolígrafos, sobres, papel, etc.).

b) Adquisición de material inventariable (ordenadores, cámaras, etc.).

c) Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento.

d) Gastos relativos á celebración de cócteles e actos análogos.

e) Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

Para os efectos da distribución non serán válidas as facturas expedidas polo organismo oficial de Correos y Telégrafos, unicamente se aceptarán como xustificantes os gastos facturados por outras empresas dedicadas á distribución.

Sempre que os xustificantes achegados sexan nóminas, deberá xuntarse unha certificación na que se acredite a parte proporcional empregada na realización da actividade subvencionada.

Os gabinetes lingüísticos precisarán o contrato de traballo do persoal que o constitúe e as nóminas expedidas durante o período de vixencia desta convocatoria.

As datas dos xustificantes estarán comprendidas entre a data de entrada en vigor desta convocatoria e o 30 de setembro do ano 2002.

2. Relación numerada dos xustificantes mencionados no punto anterior, que incluirá o número de factura, o emisor, a suma parcial folla por folla e a suma do total da relación.

3. Certificado de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia expedido pola Consellería de Economía e Facenda.

4. Certificado de estar ó día nas obrigas tributarias expedido pola correspondente delegación ou axencia tributaria do Ministerio de Economía e Facenda.

5. Certificado de atoparse ó corrente nas obrigas sociais expedido pola Tesourería da Seguridade Social. Os traballadores suxeitos ó réxime de autónomos presentarán:

a) Unha certificación expedida a nome do propio traballador autónomo.

b) Unha certificación a nome da empresa beneficiaria da subvención, cando a denominación desta non coincida literalmente co nome do traballador.

c) Unha declaración expresa de ter, ou non, traballadores ó seu cargo, e, en caso afirmativo, deberán xunta-los correspondentes certificados de non ter débedas coa Seguridade Social de cada un dos citados traballadores.

As sociedades limitadas, as cooperativas e agrupacións de empresarios análogas deberán enviar unha declaración do número de socios ou cooperativistas que as compoñen, e xunta-los certificados de cada un dos citados membros.

6. Xustificación documental da realización do proxecto subvencionado mediante mostras materiais (dossier de prensa, disquetes, publicacións, fotografías, vídeos, gravacións magnetofónicas, etc.) e do correcto emprego do galego nos termos do artigo 5 desta orde. Os gabinetes de normalización lingüística achegarán, para o seus efectos, un dossier onde se recollan as actividades realizadas.

7. Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

O interesado poderá solicitar individualmente os certificados recollidos nos puntos 3 e 4 deste artigo, ou ben autorizar expresamente o órgano xestor destas axudas para que se soliciten de oficio, vía telemática. Para isto deberá cubrir debidamente a autorización que figura como anexo desta convocatoria, de acordo co preceptuado na cláusula terceira do convenio citado no artigo 7º.

O incumprimento destas obrigas por parte do interesado dará lugar ó arquivo do expediente sen máis trámite.

Artigo 11º.-Libramento dos fondos.

Cumpridas correctamente as obrigas recollidas no artigo 10º, a Dirección Xeral de Política Lingüística proporá o libramento dos fondos de acordo coa normativa orzamentaria vixente.

Artigo 12º.-Perda da subvención.

Calquera alteración da actividade verbo dos datos que figuran no impreso de solicitude e calquera outro incumprimento das normas contidas nesta orde, terá como consecuencia a revogación da axuda. A empresa interesada terá que reintegra-las cantidades percibidas, se as houber, e mailos xuros de mora devengados desde o momento do seu pagamento.

No caso de que se lle conceda á empresa outra subvención por esta mesma finalidade no prazo de vigor desta orde, a empresa terá que llo comunicar á Administración. A este respecto, é de aplicación o disposto no artigo 78.3º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, segundo a cal o importe da subvención minorarase na contía das outras subvencións co límite do 100% do investimento subvencionado.

Bases específicas

A) Creación ou mantemento de gabinetes lingüísticos.

-O obxecto das subvencións é a creación de gabinetes lingüísticos ou a contratación de asesores lingüísticos nas empresas, con funcións de asesoramento, formación, etc., dándoselles prioridade ás propostas que teñan un carácter de permanencia. Coa solicitude deberá presentarse un proxecto coas funcións que vai realizar dentro da empresa e o perfil da persoa ou persoas que se encargarán do gabinete, acreditando a súa competencia en lingua galega.

-Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Autofinanciamento mínimo do 50%.

b) Prazo de realización das propostas: desde a entrada en vigor desta convocatoria ata o 30 de setembro do ano 2002.

c) Investimento mínimo 9.000 A.

B) Rotulación permanente, etiquetaxe e embalaxe industrial e confección de documentación creativa da empresa.

-O obxecto das subvencións é a rotulación permanente, exterior, interior ou dos dous tipos, dos establecementos ou vehículos, e a etiquetaxe e embalaxe industrial. As axudas van destinadas ás empresas que realicen estas accións en calquera dos procesos de fabricación, producción e/ou comercialización dos seus productos, preferentemente nos seguintes ámbitos: empresas de productos de liña branca, audiovisuais, comunicacións e telecomunicacións, cadeas de establecementos de alimentación, fogar, perfumería

e droguería, leiteiras e derivados do leite, adegas, grupos inmobiliarios, etc.

-Así mesmo, serán accións subvencionables as relativas á realización de documentación creativa da empresa, como publicacións tipo libro, revistas, folletos e boletíns informativos, actividades audiovisuais creativas (vídeos, CD-roms, programas de radio e televisión, etc.), programas informáticos específicos para a xestión, imaxe corporativa, etc.

-Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Autofinanciamento mínimo do 50%.

b) Prazo de realización das propostas: desde a entrada en vigor desta convocatoria ata o 30 de setembro do ano 2002.

c) Investimento mínimo de 6.000 A para a rotulación, etiquetaxe e embalaxe, e de 4.800 A para a confección de documentación creativa da empresa.

C) Realización de campañas publicitarias e elaboración de páxinas web.

-O obxecto das subvencións é a realización de campañas de publicidade da empresa en calquera soporte ou medio. Daráselles prioridade a aqueles proxectos de maior complexidade nos que se inclúan actividades de dinamización sociolingüística (concursos, premios, certames, etc.), cunha compoñente escrita significativa, que fomenten o uso da lingua galega e estean integramente realizadas nesta lingua.

-As propostas deberán incluír unha memoria-programa detallado, orzamento desagregado por partidas das diferentes actuacións que se van realizar, así como un plan de financiamento e unha estimación dos receptores do proxecto ou actuación que se vai desenvolver. Na memoria proporase o calendario de execución coa indicación das actuacións concretas que se van realizar.

-No que respecta á elaboración de páxinas web, haberá de presentarse unha estimación e valoración do número de conexións a páxina que se prevexan.

-Os proxectos beneficiarios das subvencións outorgadas ó abeiro desta orde deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Autofinanciamento mínimo do 50%.

b) Prazo de realización das propostas: desde a entrada en vigor desta convocatoria ata o 30 de setembro do ano 2002.

c) Investimento mínimo de 4.800 A.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Política Lingüística para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria