Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de febreiro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lle notifica a Basilia Campos Souto a resolución acordada no expediente de desafiuzamento P-038/01, por falta de pagamento da renda mensual da vivenda de promoción pública identificada como expediente PO-81/010, conta 143, devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido do interesado (r/ Alemaña, núm. 47, C-4, baixo C, Monte Porreiro, Pontevedra) notifícaselle a Basilia Campos Souto a resolución do contrato dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 19 de decembro de 2001, por falta de pagamento das rendas mensuais da vivenda de promoción pública, identificada como

expediente PO-81/010, conta 143, que lle fora adxudicada.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, consonte establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da mesma lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Visto o expediente administrativo de resolución de contrato seguido contra dona Basilia Campos Souto, beneficiaria en réxime de compravenda da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Alemaña, nº 47, C-4, baixo C, en Monte Porreiro, Pontevedra.

Expediente: PO-81/010, conta: 143, por incumprimento do contrato, en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública, tendo en conta os seguintes

FEITOS

Primeiro.-Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a un millón seiscentas setenta e nove mil trescentas oitenta e nove pesetas (1.679.389 pesetas) con data do 18 de xullo de 2001.

Segundo.-Que requirida por carta certificada con xustificante de recepción, que se atopa incorporado ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades adebedadas a esa data o dito requirimento non foi atendido.

Terceiro.-Con data do 30 de setembro de 2001, a débeda pendente ascende a 1.707.629 pesetas, segundo consta na relación certificada da empresa recadadora.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de acordo co disposto no Decreto 70/1997, de estructura orgánica deste organismo, modificado por Decreto 258/1999, do 17 de setembro.

Segundo.-Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución de contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

Terceiro.-Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 e 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e

procedemento administrativo común, artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais citados e demais normas de xeral aplicación,

RESOLVO:

Primeiro.-Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que se levará a cabo pola preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da administración, incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírtese o interesado de que de conformidade co establecido no regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación, achegando xustificante de atoparse ó día coa comunidade de propietarios.

Segundo.-A resolución en firme do contrato, implicará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Notifíqueselles esta resolución ós interesados, con mención expresa dos recursos legais que procedan. Pontevedra, 19 de decembro de 2001. Delegado provincial de Pontevedra. José Manuel Iglesias Carrera».

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra 5 de febreiro de 2001.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-81/010 (expte. de desafiuzamento P-038/01).

Conta: 143.

Nome: Basilia Campos Souto.

Enderezo: r/ Alemaña, nº 47, C-4, baixo C, Monte Porreiro, Pontevedra.

Débeda: 1.707.629 pesetas.