Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de febreiro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifican os requirimentos de documentación incompleta en relación cos expedientes e persoas que se relacionan no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999,

do 13 de xaneiro), intentada a notificación persoal nos últimos domicilios coñecidos dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Para o seu coñecemento e efectos, como titular do devandito expediente promovido para a construcción de vivendas de protección oficial, xa cualificada provisionalmente, notifícolle que se lle concedeu un prazo de 30 meses para que presentase a solicitude de cualificación definitiva, coa súa documentación complementaria, segundo determina o artigo 17 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, prazo que transcorreu en exceso.

En consecuencia, requírese para que no prazo de dez días achegue o devandito documento, advertíndolle que, se así non o fixese, transcorrido o prazo de tres meses se producirá a caducidade do expediente e, por tanto, se resolverá o arquivo de actuacións, cos efectos previstos no artigo 92.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Pontevedra, 8 de febreiro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-P-0003/97.

Interesado: Alfonso Fernández Fernández.

Último enderezo coñecido: Trav. de Vigo, 209, 2, 5º G (Vigo).

Intentos de notificación persoal: o 10-7-2001.

Expediente: 36-P-0034/97.

Interesado: Manuel Rodríguez González.

Último enderezo coñecido: Barriada San Pedro, 27 (Marín).

Intentos de notificación persoal: o 9-7 ás 13 horas e o 12-7-2001 ás 12.15 horas.

Expediente: 36-P-0040/97.

Interesada: Purificación González Lago.

Último enderezo coñecido: avda. Florida, número 8, 1º A (Vigo).

Intentos de notificación persoal: o 11-7-2001 e o 14-7-2001.