Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial CO-P-0016 e CO-P-0051.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1

da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado, que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 1 de febreiro de 2002.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-P-0016.

Denunciado: Alfonso Limideiro Ogando.

DNI: 32396336-P.

Último domicilio coñecido: Ramón Aller, 42-4º D, A Coruña.

Feitos denunciados: pescar 7 troitas de tamaño inferior ó regulamentario sen devolvelas á auga.

Tipificación: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais en relación co anexo IV do regulamento.

Cualificación: leve.

Sanción imposta: 60,10 A de multa e 42,07 A de indemnización.

Expediente: CO-P-0051.

Denunciado: Ignacio Rodeiro Hermida.

CIF: 32692148-V.

Último domicilio coñecido: avda. Algeciras, 49, Neda (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar en época de veda.

Tipificación: artigo 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial, e dos ecosistemas acuáticos continentais en relación cos artigos 1, 2 e 3 da Orde do 15-2-2001.

Cualificación: menos grave.

Sanción imposta: 300,51 A de multa e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.