Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a solicitude para a creación do Colexio Oficial de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de que no prazo dun mes os interesados lexítimos poidan examina-lo expediente e formula-las alegacións que estimen pertinentes, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, sita na praza de Europa, 5 A-4º, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, tivo entrada a solicitude de creación do Colexio Oficial de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos de Galicia, que tería os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: o Colexio Oficial de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos de Galicia agruparía aquelas persoas que estivesen en posesión do título universitario oficial de licenciado en ciencia e tecnoloxía dos alimentos establecido mediante o Real decreto 1463/1990, do 26 de outubro, ou título equivalente debidamente homologado.

Asina a solicitude: Manuel Vázquez Vázquez, en calidade de presidente da Asociación de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos de Galicia (Altaga).

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza