Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto, en trámite de urxencia, para a contratación do servicio de seguridade e vixilancia no Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 66 17, fax: 981 54 66 25.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de seguridade e vixilancia para o CGAC.

3. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: cento trinta e oito mil douscentos dezanove euros (138.219 A).

b) Aplicación orzamentaria.: 10.03.353A.227.01.

4. Prazo de execución: doce meses.

5. Fianzas.

a) Provisional: dous mil setecentos sesenta e catro euros con trinta e oito céntimos (2.764,38 A).

b) Definitiva: 4% da adxudicación definitiva.

6. Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría B.

7 . Presentación de propostas.

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo; edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso, 15711 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e terminará o oitavo día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores.

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares e prescricións técnicas.

9. Modelo de proposición.

O que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea, nas delegacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e no seguinte enderezo da Internet:

hpp://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=957.

11. Apertura de proposicións.

Terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ás 12 horas do terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas polos interesados; se este día fose sábado procederase á apertura de proposicións o día hábil seguinte.

12. Anuncio.

Os gastos orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro 2002.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS