Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/10-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Juan Carlos Fernández Cid.

Domicilio social: A Fenteira-Nocelo da Pena, 32638 Sarreaus.

Denominación: L.M.T., C.T., taller carpintería de madeira.

Situación: A Fenteira-Nocelo da Pena-Sarreaus.

Descricións técnicas: liña a 20 kV aérea de 300 m, con orixe nun apoio intercalado entre o nº 3 e o 4 da L.M.T. Nocelo da Pena-Vilaseca, e remata no C.T. proxectado na Fenteira, aéreo con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO