Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle 69, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Armada.
Situación: Cartelle.
Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 36 m, con orixe no apoio nº 28 da L.M.T. Castrelo-Cartelle e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kV, R/T 20.000/380-220 V en Armada. Rede de baixa tensión derivada do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 28 de xaneiro de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense