Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/3-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32690 Ourense.

Denominación: L.M.T.S e C.T. Día.

Situación: (Pazos) Verín.

Características técnicas: liña a 20 kV subterránea con 395 m de lonxitude, en conductor R.H.Z. 12/20, con orixe na L.M.T. aérea ó C.T. Renault e remata no C.T. Día, tipo compacto manobra exterior, proxectado con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Pazos (Verín).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense