Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de costas 2001/0039.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publicar a resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 181, do 29 de xullo) e do seu Regulamento do 1 de decembro de 1989 (BOE nº 297, do 12 de decembro), modificado polo Real decreto 1112/1992, do 18 de setembro (BOE nº 240, do 6 de outubro), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 1 de febreiro de 2002.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: costas 2001/0039.

Denunciado: Luciano Palleiro Arijón.

CIF: 32751361-M.

Último domicilio coñecido: Carlos Maside, 6, 2º B, Vilarrodís, Arteixo (A Coruña).

Infraccion: obras de consolidación e mellora dunha vivenda e alboio.

Tipificacion: art. 91 e) da Lei 22/1988, de costas, en relación co artigo 175 e) do seu regulamento.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 850,43 euros e obriga da restitución das cousas ó estado anterior á comisión da infracción.