Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. en Sevane e Casares, no concello de Becerreá. (Expediente 30/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo, 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentou a seguinte alegación:

1. Eliseo Rodríguez Deiros manifesta a existencia dun erro na relación de bens e dereitos afectados en canto á denominación e ó lugar en que se atopan os predios nº 2 e 8 dos afectados polo proxecto de referencia e das que o alegante foi proposto como titular.

Así mesmo, manifesta que o trazado da liña afecta numerosas árbores da súa propiedade existentes en ámbolos dous predios.

Tendo en conta a alegación realizada e as manifestacións feitas como contestación a elas por parte da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., esta delegación provincial considera que o alegado por Eliseo Rodríguez Deiros non impide continuar coa tramitación e aprobación do proxecto obxecto deste expediente polas seguintes razóns:

1. Porque a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. tomou nota dos datos facilitados por Eliseo Rodríguez Deiros en canto á denominación e ó lugar dos predios nº 2 e 8 corrixíndose así o erro padecido na relación de bens e dereitos inicialmente presentada pola devandita empresa.

2. Así mesmo, no momento do levantamento da acta previa á ocupación dos referidos predios, teranse en conta tódolas árbores e demais bens afectados polo trazado da liña que sexan propiedade do alegante que serán obxecto da correspondente indem

nización logo da tramitación do oportuno expediente, segundo se establece nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa de 1954.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que ó seu paso polos predios relacionados na información pública non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ós que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes cidada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña aérea de media tensión núa ó C.T. de Sevane, cunha tensión nominal de 20 kV con orixe na derivación ó C.T. de Cortella e remate no C.T. de Sevane, cunha lonxitude de 1,830 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 13 apoios HV-HVH.

2. Liña de media tensión aérea núa ó C.T. de Casares, cunha tensión nominal de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Sevane e remate no C.T. de Casares, cunha lonxitude de 0,606 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e 5 apoios HV-HVH.

3. Centro de transformación intemperie de Sevane, localizado en Sevane, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie de Casares, localizado en Casares, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Liña de baixa tensión subterránea á igrexa de Sevane con orixe no apoio 7 e unha lonxitude de 0,015 km.

6. Liña de baixa tensión aérea en Casares, con orixe no C.T. de Casares, cunha lonxitude de 0,53 km con 9 apoios HV.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico de data 3 de outubro de 2001, entendendo que os estremos que nel se recollen non teñen a entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data 31 de outubro, Diario Oficial de Galicia de data 30 de novembro e no BOP de Lugo do 7 de novembro de 2001, expostas no taboleiro de anuncios desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello de Becerreá. Ata o momento do levantamento das actas previas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 18 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo