Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/137-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32000 Velle.

Denominación: L.M.T. estrada Éntoma-A Medua, cambio a LA-110.

Situación: O Barco e Carballeda de Valdeorras.

Características técnicas: modificación da L.M.T. aérea a 20 kV O Barco-Alixo-Sobradelo, tramo estrada de Éntoma-Medua de 5.392 m de lonxitude, en conductor LA-110 sobre apoios de formigón, con orixe na L.M.T. O Barco-Alixo-Sobradelo e remata na derivación da L.M.T. ós CC.TT. San Xusto e Portela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense