Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no procedemento de compatibilidade solicitada por Daniel Valenzuela Fernández.

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou, con data 19 de outubro de 2001, resolución no procedemento de compatibilidade incoado por Daniel Valenzuela Fernández, e lle autoriza a compatibilidade solicitada nos termos e coas condicións que se indican na resolución.

Tentada a notificación da devandita resolución a través do servicio de correos por dúas veces ó domicilio indicado polo interesado para efectos de notificacións, así como outras dúas veces ó seu centro de traballo, esta non se puido practicar, sendo devolta polo servicio de correos.

En virtude das razóns expostas, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, en concordancia co seu artigo 61, en virtude do presente anuncio, notifica a Daniel Valenzuela Fernández a resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, de data 19 de outubro de 2001, pola que se resolve en determinados termos a solicitude de recoñecemento de compatibilidade formulada polo interesado entre actividade pública e privada.

O solicitante poderá recolle-la resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública, sita no Edificio Administrativo San Caetano 1-3º en Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-lo interesado, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa comparecencia para recolle-la resolución ou, en todo caso, ó do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, perante, á escolla do/a demandante, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña aquel o seu domicilio ou o de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública