Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.133

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (67/2001).

En virtude de resolución dictada en executoria de xuízo de faltas número 84/2001, dimanante de xuízo de faltas número 67/2001, sobre unha falta de furto, acordouse o requirimento de Juan Pablo Vieiro Varela co fin de que no improrrogable prazo de oito días acredite que ingresou na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV con número de conta 1500-78-0084-01 a cantidade de 180,30 euros que en concepto de multa lle foi imposta nos autos de xuízo de faltas número 67/2001 do que dimana a presente executoria, cantidade resultante dos trinta días impostos por tal concepto coa cota diaria de 6,01 euros, e iso co apercibimento de, logo de declaración de insolvencia, cumprir un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias ou fracción deixadas de aboar, arresto que se materializará en centro penitenciario e en réxime de arresto de fin de semana.

E para que sirva de requirimento en forma a Juan Pablo Vieiro Varela, que se atopa en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o once de febreiro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA