Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.132

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (99/2000).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 99/2000 se dictou esta sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela o 5 de outubro de 2000.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 99/2000, no que actuaron como partes, como denuciante, Eduardo José Foira Díaz e, como denunciados, Fernando J. Barcia Varela e Susana Mouriño Mougán.

Non foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Fernándo J. Barcia Varela e Susana Mouriño Mougán da pena que se lles imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal nas que se basee a impugnación e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización, o

recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pornúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Fernando J. Barcia Varela e Susana Mouriño Mougán, actualmente en paradoiro descoñecido,

e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o seis de febreiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA