Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 07 de marzo de 2002 Páx. 3.132

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE MUROS

CÉDULA sobre declaración de falecemento (16/2001).

María Salomé Martínez Bouzas, xuíza de Primeira Instancia número un dos de Muros fago saber que neste xulgado e co nº 16/2001 se segue por instancia de Consuelo Nieto Barbazan expediente para a declaración de falecemento de Francisco Antonio Barbazan Ponte, natural de Outes, nado o día 2 de maio de 1892, de estado viúvo, quen se ausentou do seu último domicilio en Cabanamoura, San Orente, Outes (A Coruña), non se tendo novas del desde 1952, ignorándose o seu paradoiro.

O que se fai público para que os que teñan novas da súa existencia poidan polas en coñecemento do xulgado e seren oídos.

Dado en Muros, vinte de setembro de dous mil un.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA