Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión do servicio público de explotación dun vertedoiro de entullos de construcción e demolición.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Silleda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: explotación dun vertedoiro de entullos de construcción e demolición.

b) Prazo de duración da concesión do servicio: o da vida útil do vertedoiro, sen excede-lo máximo establecido pola normativa vixente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantía.

a) Provisional: 3.000 euros.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Silleda.

b) Domicilio: r/ Xeneral Franco, 55.

c) Localidade e código postal: Silleda 36540.

d) Teléfono: 986 58 00 00.

e) Telefax: 986 58 10 21.

f) Data límite de obtención de documentación e información: a de prsentación de ofertas.

6. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas en días hábiles.

7. Criterios da adxudicación do concurso

A valoración total deste conxunto de criterios será de cero (0) a cen (100) puntos repartidos da forma seguinte:

a) Execución de obas de natureza similar (ata 10 puntos).

b) Medios materiais e humanos (ata 20 puntos).

c) Plan de explotación e xestión do vertedoiro (ata 40 puntos).

d) Canon de vertedura (hasta 30 puntos).

O concello reserva para si o dereito a declarar deserto o concurso se na súa apreciación, libre e xustificada, puxese de manifesto que ningunha das ofertas presentadas resulta conveniente para os intereses del. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non pode ser cumprida como consecuencia de baixas desproporcionadas ou temerarias observarase o disposto no artigo 86 do texto refundido da LCAP.

Silleda, 1 de febreiro de 2002.

José Fernández Viéitez

Alcalde-presidente