Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.067

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Expediente: reparcelación, do polígono único do Plan parcial de ordenación do sector SAU.4, Castelao-As Telleiras, Nigrán.

Nº: 1208.01.

Trámite: publicación do inicio de expediente.

Norma reguladora: 101.3 do Regulamento de xestión urbanística.

De conformidade co previsto na normativa aplicable, faise público que, mediante Decreto da alcaldía do 22-1-2002, se aprobou definitivamente a delimitación do polígono mencionado, para a súa xestión polo sistema de cooperación, o que de conformidade co disposto no artigo 102 da Lei do solo de Galicia, determina o inicio do procedemento de reparcelación e a suspensión do outorgamento de licencias de parcelación e edificación no expresado ámbito.

Nigrán, 23 de xaneiro de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde