Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca fluvial CO-P-0105.

De conformidade co diposto no artigo 59.4ºda Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non poder realiza-la súa notificación.

Noméase instructora do procedemento Ana María Díaz López e secretaria a María Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo el artigo 40 da Lei de pesca fluvial en concordancia co artigo 101 do seu regulamento.

Os interesados diporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións e propostas de proba coiden convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria, se concorre

algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó amparo do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 1 de febreiro de 2002.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-P-0105.

Denunciado: Daniel Grela Castro.

CIF: 33269168-J.

Último enderezo coñecido: Lavacolla-Castiñeira, 9, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas na captura de tres troitas.

Tipificación: Lei 7/1992, de pesca fluvial, artigo 33.9º.

Cualificación: leve.

Sanción proposta: 60,10 A de multa e 24,04 A de indemnizacion.