Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da proposta de resolución do expediente OU 110/01P e dous máis, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución dos expedientes sancionadores que se instrúen, por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e mais do seu regulamento aprobado polo Decreto 30/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista, se o consideran oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, en Ourense.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselles ó delegado provincial desta consellería, para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE Nº 189, do 9 de agosto).

Ourense, 1 de febreiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expte.

N/Ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito probadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU-110/01PMiguel Gil Balbuena

34922092

San Lázaro, Ribadavia (Ourense)Pescar sen licencia, en luns, día inhábil para a pescaLei de pesca fluvial Galicia 7/1992, art. 34.1º300,51, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obte-la durante un ano

OU-121/01PEduardo López Fernández

44474120

Laxa, 11, Punxín (Ourense)Pescar sen licenciaLei de pesca fluvial Galicia 7/1992, art. 34.1º300,51, retirada da licencia de pesca e inhabilitación para obte-la durante un ano

OU-172/01PManuel Ángel González da Cuña

34540226

Estrada de Mende, 88, A Lonia (Ourense)Pescar empregando engado natural (asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.Lei de pesca fluvial Galicia 7/1992, art. 34.1º30,05