De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro), e mais do seu Regulamento con data do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.
Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López, e secretaria a María Jesús Budiño Rodríguez, funcionarias desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A resolución será acordada polo conselleiro de Medio Ambiente no primeiro expediente e polo delegado provincial de esta consellería na Coruña no segundo expediente, segundo o previsto no artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións e propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ós expedientes. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.
A Coruña, 2 de febreiro de 2002.
Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: CO-I-0139.
Denunciado: Fernando Sueiro Barbeito.
CIF: 33218988-L.
Último enderezo coñecido: Rosalía de Castro, 33-2º C, O Milladoiro-Ames (A Coruña).
Feitos denunciados: queimar cando está prohibido (durante a época de máximo perigo).
Tipificación: artigo 138.a) do Regulamento sobre incendios forestais en relación coa norma 3 e 4 da Resolución do 23 de xaneiro de 2001 da Dirección Xeral de Montes e MAN.
Cualificación: moi grave.
Sanción proposta: 300,51 A de multa.
Expediente: CO-I-0147.
Denunciado: Eduardo Allegue Pita.
Último enderezo coñecido: Barreiro, 3, Sillobre-Fene (A Coruña).
Feitos denunciados: prender lume nun monte sen autorización.
Tipificación: artigo 137.b) da Lei 81/1968, de incendios forestais.
Cualificación: grave.
Sanción proposta: 60,10 A de multa.