A empresa Sanrosan, S.A. ofrece a doazón ó Servicio Galego de Saúde dunhas paralelas para nenos con destino ó Hospital Nicolás Peña.
Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.
En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de febreiro de dous mil dous,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Acepta-la doazón do seguinte material:
-Unhas paralelas para nenos, de marca Sanro, modelo infantil, cun valor de 87.470 ptas., doadas pola empresa Sanrosan, S.A.
Artigo 2º
O activo acéptase segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Hospital Nicolás Peña, de acordo coa vontade do doador.
Disposición derradeira
O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.
Santiago de Compostela, vintedous de febreiro de dous mil dous.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade