Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 06 de marzo de 2002 Páx. 3.038

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 60/2002, do 22 de febreiro, polo que se acepta a título gratuíto a doazón dunha serie de material con destino ó Complexo Hospitalario de Ourense.

As entidades financeiras Caixa Nova e La Caixa ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde do material que a continuación de detalla con destino ó Complexo Hospitalario de Ourense.

Un equipo de criocirurxía, de marca DORC, modelo 1500.02, cun valor de 1.020.000 ptas., doado pola entidade financeira Caixa Nova.

Dous ordenadores de sobremesa con pantalla, teclado e rato, marca IBM, modelo OE5, cun valor de 30.000 ptas., cada un, doados pola entidade financeira La Caixa.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-Un equipo de criocirurxía, de marca DORC, modelo 1500.02, cun valor de 1.020.000 ptas., doado pola entidade financeira Caixa Nova.

-Dous ordenadores de sobremesa con pantalla, teclado e rato, marca IBM, modelo OE5, cun valor de 30.000 ptas., cada un, doados pola entidade financeira La Caixa.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario de Ourense, de acordo coa vontade dos doadores.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintedous de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidad