Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 52/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

Expediente nº 52/2001 (subministración sucesiva de material de osixenación para cirurxía cardíaca para este complexo hospitalario).

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa. A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 26-11-2001.

4. Criterios de adxudicación do contrato:

-Oferta económica: ata o 50%.

-Calidade dos materiais: ata o 40%.

-Servicio técnico da subministración: ata o 10%.

5. Número de ofertas recibidas: 6.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Cardiva, S.L. Xeneral Eguía, 48, 48013 Bilbao.

Palex Medical, S.A. Estrada do MIG, 57-61, 08940 Cornellá de Llobregat.

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor:

Nº de referencia da CPA: CPV: 29566600, 33186100.

LoteConceptoCantidadeProvedor

1Cánula venosa acobadada240Cardiva, S.L.

2.1

2.2

Set de autotransfusión de recolleita

Set de autotransfusión de lavado

225

225

Palex Medical, S.A.

3.1

3.2

3.3

Set de osixenación de cardioplexía

Set de osixenación membrana

Set de osixenación osixenador

375

240

240

Palex Medical, S.A.

4Set de osixenación con tubos e conos 90Cardiva, S.L.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

LotesPrezo unitario de adxudicación

139,67 A (6.600 ptas.)

2.1120,20 A (20.000 ptas.)

2.2132,22 A (22.000 ptas.)

3.196,16 A (16.000 ptas.)

3.263,11 A (10.500 ptas.)

3.3372,63 A (62.000 ptas.)

4733,23 A (122.000 ptas.)

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 18 de agosto de 2001; BOE do 29 de agosto de 2001; DOG do 6 de setembro de 2001.

12. Data de envío do anuncio: 6 febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela