Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2002, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servicio de vixilancia e seguridade no interior e exterior e dependencias anexas do Punto de Atención Continuada de Melide. (Expediente 4/2002).

A Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e perifericos do Sergas, convoca o seguinte concurso público.

1. Obxecto e orzamento.

1.1. Contratación do servicio de vixilancia e seguridade do Punto de Atención Continuada de Melide, concurso público 4/2002, por un orzamento estimado total de 90.672 euros (15.086.551 ptas.), IVE incluído.

Ano 2002: 37.780 euros (6.286.063 ptas.), IVE incluído.

Ano 2003: 45.336 euros, (7.543.275 ptas.), IVE incluído.

Ano 2004: 7.556 euros, (1.257.213 ptas.), IVE incluído.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar no prazo de trinta días, como máximo, contados desde a data de notificación da adxudicación. O contrato ten unha duración de dous anos.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica.

Acreditarase mediante calquera dos medios sinalados no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que na folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitanse na Sección de Contratación Administrativa da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, sita na rúa Santiago León de Caracas, nº 12 C.P. 15701, Santiago de Compostela, de luns a venres desde as 9 ata as 14 horas, ou no teléfono 981 52 73 27 e fax 981 59 66 20, durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia Atención Primaria de Santiago de Compostela antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, ás 9 horas do décimo primeiro día hábil contado desde o seguinte ó último sinalado para a recepción de proposicións. Se este día coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

David Bouza Álvarez

Director xerente da Xerencia de Atención Primaria

de Santiago de Compostela