Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 49/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

Expediente nº 49/2001 (subministración sucesiva de catéteres para este complexo hospitalario).

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa. A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 29-11-2001.

4. Criterios de adxudicación do contrato:

-Oferta económica: ata o 50%.

-Calidade dos materiais: ata o 40%.

-Servicio técnico da subministración: ata o 10%.

5. Número de ofertas recibidas: 14.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Boston Scientific Ibérica, S.A. Avda. Diagonal, 640, 6º, 08017 Barcelona.

ST. Jude Medical España, S.A. Serrano, 240, 1º, 28016 Madrid.

Cardiva, S.L. Xeneral Eguía, 48, 48013 Bilbao.

B. Braun Medical, S.A. Estrada Terrasa, 121, 08191 Rubi.

Medtronic Ibérica, S.A. Caléndula, 93 edif. K, 28108 Alcobendas.

Abbott Laboratories, S.A. Josefa Valcárcel, 48, 28027 Madrid.

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor:

Nº de referencia da CPA: CPV: 33141200.

LoteConceptoCantidadeProvedor

1.1Catéter de diagnóstico75 u.Boston Scientific Ibérica, S.A.

1.2Catéter de diagnóstico (pig tail)75 u.Boston Scientific Ibérica, S.A.

2Kit compuesto de catéter de diagnóstico e catéter de coronaria200 u.S.T. Jude Medical España, S.A.

3.1Catéter guía anxioplastia75 u.Cardiva, S.L.

3.2Catéter guía anxioplastia para técnica radial15 u.Cardiva, S.L.

4Catéter diagnóstico con balón50 u.B. Braun Medical, S.A.

5.1Catéter de ablación extrabrando con conectores12 u.Medtronic Ibérica, S.A.

5.2Catéter de ablación de mango extrasensible con conector5 u.Medtronic Ibérica, S.A.

6.1Catéter de 2 vías de 20 e 30 cm 450 u.Abbott Laboratories, S.A.

6.2Catéter de 3 vías de 20 e 30 cm 300 u.Abbott Laboratories, S.A.

7Catéter SVO2 de gasto cardíaco90 u.Abbott Laboratories, S.A.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

LotesPrezo unitario de adxudicación

1.114,14 A (2.354 ptas.)

1.214,14 A (2.354 ptas.)

270,739 A (11.770 ptas.)

3.1108,18 A (18.000 ptas.)

3.2108,18 A (18.000 ptas.)

477,169 A (12.840 ptas.)

5.11.202,024 A (200.000 ptas.)

5.21.081,82 A (180.000 ptas.)

6.112,020 A (2.000 ptas.)

6.212,020 A (2.000 ptas.)

7192,32 A (32.000 ptas.)

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 1 de setembro de 2001; BOE do 13 de setembro de 2001; DOG do 24 de setembro de 2001.

12. Data de envío do anuncio: 6 febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999,

do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela