Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 50/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

Expediente nº 50/2001 (subministración sucesiva de stents para este complexo hospitalario).

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa. A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 29-11-2001.

4. Criterios de adxudicación do contrato:

-Oferta económica: ata o 50%.

-Calidade dos materiais: ata o 40%.

-Servicio técnico da subministración: ata o 10%.

5. Número de ofertas recibidas: 14.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Guidant, S.A. Estrada Fuencarral-Alcobendas, km 15700, 28108 Alcobendas.

Izasa, S.A. Aragón, 90, 08015 Barcelona.

Sumcyl, S.L. Vía la Cierva, P-150, 15890 Santiago de Compostela.

Boston Scientific Ibérica, S.A. Avda. Diagonal, 640, 6º D, 08017 Barcelona.

Dispromedic, S.L. Vía la Cierva, P-150, 15890 Santiago de Compostela.

Palex Medical, S.A. Estrada do MIG, 57-61, 08940 Cornellá de Llobregat.

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor:

Nº de referencia da CPA: CPV: 33140000.

LoteConceptoCantidadeProvedor

1Stent endocoronario (tipo resorte de mallas denso)225Guidant, S.A.

2Stent endocoronario flexible 62Izasa, S.A.

3Stent tubular155Sumcyl, S.L.

4Stent coronario (de aceiro) 62Boston Scientific, S.A.

5Stent coronario (recuberto de material de inxerto PTFE) 15Deserto

6Stent coronario (recubierto de fosforicolina) 30Dispromedic, S.L.

7Stent endocoronario bifurcado 15Palex Medical, S.A.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s):

LotesPrezo unitario de adxudicación

11.200,22 A (199.700 ptas.)

21.141,92 A (190.000 ptas.)

31.111,88 A (185.000 ptas.)

41.221,86 A (203.300 ptas.)

5Deserto

61.111,87 A (185.000 ptas.)

71.111,87 A (185.000 ptas.)

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 18 de agosto de 2001; BOE do 29 de agosto de 2001; DOG do 6 de setembro de 2001.

12. Data de envío do anuncio: 6 febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela