Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 45/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde de data 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa. A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62. Fax: 981 95 09 85.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP: C.P.V: 50520000.

Expediente nº 45/2001 (servicio de mantemento das instalacións do Hospital de Conxo, Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e servicio de central de chamadas).

4. Data de adxudicación do contrato: 28-11-2001.

5. Criterios de adxudicación do contrato:

1. Oferta económica: ata 30 puntos.

2. Oferta técnica:

-Memoria técnica:

-Informe técnico previo de recoñecemento do servicio: ata 30 puntos.

-Programas de traballo: ata 15 puntos.

-Equipo técnico e dotación de medios personais: ata 10 puntos.

-Clasificación ISO 9000 (9001-9002): ata 5 puntos.

-Experiencia demostrada en actividades similares: ata 5 puntos.

Melloras: ata 5 puntos.

6. Número de ofertas recibidas: 4.

7. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Integra MGSI, S.A. R/ Pradillo, nº 5-28002 Madrid.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s): 95.730,34 A (noventa e cinco mil, setecentos trinta euros, con trinta e catro céntimos) (15.928.188 pesetas) mensuais.

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: non.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial das Comunidades Europeas: DOCE do 26 de outubro; BOE do 26 de outubro; DOG do 8 de novembro de 2001.

12. Data de envío do anuncio: 6 de febreiro de 2002.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a presente resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro do 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela