Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de febreiro de 2002, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Peña Forcada (modificado número 1).

En cumprimento do disposto no artigo 13.5º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 1 de febreiro de 2002, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º.-Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Peña Forcada (modificado nº 1).

2º.-De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello de Camariñas queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.».

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas