Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a modificación do proxecto sectorial liña de alta tensión a 220 kV subestación Pazos L.A.T. Atios/Mos, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2001.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 12 de xullo de 2001, declara-lo proxecto liña de alta tensión a 220 kV subestación Pazos L.A.T. Atios/Mos, promovido pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente

anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior audiencia na Comunidade Autónoma e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVE:

Someter a información pública a modificación do proxecto sectorial liña de alta tensión a 220 kV subestación Pazos L.A.T. Atios/Mos, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia de data 12 de xullo de 2001, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examinaren o proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e na Delegación Provincial de Pontevedra, e presentaren ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas