Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 19 de decembro de 2001, da Delegación Comarcal de Ribeira, pola que se notifica a apertura e o prego de cargos do expediente sancionador (PESAN1 2001/001156-1).

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación comarcal as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Ribeira, Praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 2001/001156-1.

Denunciado: Andrés Torres Domínguez.

DNI: 52457023.

Enderezo: r/ Xogo da Bola, 24 A Pobra do Caramiñal

Ribeira, 19 de decembro de 2001.

José Casais Torres

Delegado comarcal de Ribeira

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS