Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.980

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (778/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 778/2000, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo que, estimando a demanda promovida por Jesús Chans Costa, contra o Instituto Social da Mariña, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a empresa Transportes La Isleta, S.A., a empresa Marítima Guimar, S.L. e a empresa Contenemar, S.A., debo declarar e declaro que o demandante ten dereito a unha pensión do 97,48 por centro sobre unha base reguladora da pensión de xubilación de 288.425 pesetas (1.733,47 euros), en catorce pagas anuais, e con efectos desde o 1-10-1999, condenando as demandadas a estar e pasar pola anterior declaración e as empresas codemandadas Transportes La Isleta, S.A. e Marítima Guimar, S.L. a que constitúan na Tesourería Xeral da Seguridade Social o capital custo de renda necesario para facer fronte á diferencia de pensión que lles corresponda, resultante da dita base reguladora, e ó Instituto Social da Mariña, a que anticipe o aboamento da prestación na contía, forma e efectos económicos correspondentes. E á Tesourería Xeral da Seguridade Social na súa

respectiva responsabilidade.

Notitíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación os autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transportes La Isleta, S.A. expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de xaneiro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado