Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.980

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (536/2001).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 536/2001, que se segue neste xulgado por unha falta de realización de actividades sen seguro obrigatorio, se acordou citar a María del Mar Martín

Fernández, en calidade de denunciada, para que compareza ante a sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 13 de marzo, ás 9.30 horas para a celebración do xuízo de faltas.

E para que conste e lle sirva de citación a María del Mar Martín Fernández, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o sete de febreiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado