Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.980

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de febreiro de 2002 pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de facultativo especialista de área de inmunoloxía.

Advertidos erros no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 25 de febreiro de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 2.300, na base terceira, punto 1 (requisitos comúns para tódalas quendas de acceso), no seu epígrafe b), engádese o seguinte parágrafo:

-Título de licenciado ou doutor en ciencias biolóxicas e acredita-la súa formación na especialidade de inmunoloxía mediante a formación completa como biólogo interno residente realizada en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo da superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.

Na páxina 2.308, no anexo I, punto 2 (formación), alínea a), onde di: «aspirantes que para a obtención do título de especialista en inmunoloxía cumprisen o período completo como médico interno residente do programa MIR ou ben un período equivalente ...»; debe dicir: «aspirantes que para a obtención do título de especialista en inmunoloxía cumprisen o período completo como médico interno residente do programa MIR, BIR ou ben un período equivalente...».

Nota: esta corrección non altera o prazo de presentación de instancias.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO