Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.979

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de febreiro de 2002 pola que se procede a executa-la sentencia da Sala do Social do Xulgado do Social número dous de Vigo, dictada no procedemento 606/2001, interposto por Aurora Costas Táboas.

Con data do 21 de agosto de 2001, Aurora Costas Táboas interpuxo demanda perante o Xulgado do Social número dous de Vigo, contra cuestións derivadas do concurso de traslados convocado para o persoal laboral pola Orde do 12 de decembro de 2000 (DOG nº 243, do 18 de decembro), modificada pola Orde do 24 de xaneiro de 2001 (DOG nº 26, do 6 de febreiro)

Como consecuencia, o Xulgado do Social número dous de Vigo dictou sentencia no procedemento 606/2001, pronunciándose nos seguintes termos:

«Resolvo que, estimando a demanda interposta por Aurora Costas Táboas contra a Xunta de Galicia-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, debo declarar e declaro o dereito á demandante ó cómputo de cinco puntos máis polas circunstancias do baremo de méritos establecidos no anexo IV, condenando a consellería demandada a estar e pasar por esta declaración».

Esta sentencia é firme, polo que o director xeral da Función Pública, con data do 14 de xaneiro de 2002, dispuxo a execución da dita sentencia nos seus propios termos, en virtude do disposto nos artigos 235 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de procedemento laboral.

A interesada solicitou os seguintes postos pola seguinte orde:

1º 1313.

2º 1314.

3º 1315.

4º 1316.

Por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 25 de maio de 2001, pola que se resolve o concurso de traslados de persoal laboral L01/2000, convocado pola Orde do 12 de decembro (DOG do 4 de xuño), os ditos postos foron adxudicados ás persoas que a continuación se relacionan:

Nº posto

Nome e apelidos

DNI

Puntuación

total

1313Milagros Pérez Rodríguez3609826443,80
1314Eva Martínez Rial3609529127,75
1315Beatriz Novoa Abalde3613769627,75
1316Aurora Costas Táboas7698901527,30

Tendo en conta a parte dispositiva da sentencia dictada polo Xulgado do Social número dous de Vigo no procedemento 606/2001, Aurora Costas Táboas ten cinco puntos máis polas circunstancias do baremo de méritos establecidas no anexo IV da Orde do 12 de decembro de 2000, pola que se convoca o concurso L-01/2000, polo que a súa puntuación total é de 32,20 puntos.

Como consecuencia do anterior, modifícase o anexo I da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 25 de maio de 2001, no sentido de altera-la orde de adxudicación dos postos 1314, 1315 e 1316, que queda da seguinte forma:

Nº posto

Nome e apelidos

DNI

Puntuación

total

1314Aurora Costas Táboas7698901532,30
1315Eva Martínez Rial3609529127,75
1316Beatriz Novoa Abalde3613769627,75

Polo tanto, en virtude do exposto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Adxudicarlles a Aurora Costas Táboas, Eva Martínez Rial e Beatriz Novoa Abalde, como destino definitivo, os postos que a continuación se relacionan:

NomeDNINº postoCódigoDenominaciónDestino

Aurora Costas Táboas769890151314SA.C99.40.201.36440.111Coidador/aCAMP Redondela
Eva Martínez Rial360952911315SA.C99.40.201.36440.139Coidador/aCAMP Redondela
Beatriz Novoa Abalde361376961316SA.C99.40.201.36440.145Coidador/aCAMP Redondela

Segundo.-As interesadas deberán cesar no seu posto de traballo no prazo de tres días, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución. O prazo para tomar posesión no novo posto será de tres días.

Se, na data do cesamento ou do inicio do cómputo do prazo de toma de posesión, están gozando dun período de licencia, vacacións, permiso ou incapacidade temporal, o cómputo para tomaren posesión comezará o día seguinte ó da reincorporación ó posto de traballo.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación administrativa previa á vía xudicial

laboral, perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública