Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

EDICTO sobre oferta de emprego público complementaria 2002.

Aprobada mediante Resolución do 19 de febreiro de 2002 a oferta de emprego público complementaria deste concello correspondente ó ano 2002, por este edicto, en cumprimento do preceptuado no artigo 91 da Lei reguladora das bases de réxime local do 2 de abril de 1985, en relación co artigo 18 da Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública, faise pública aquela.

Funcionarios de carreira:

Grupo. Artigo 30 Lei 30/1984: D.

Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar.

Nº de prazas: 1.

Denominación: auxiliar administrativo.

Sistema de provisión: promoción libre.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Cedeira, 19 de febreiro de 2002.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente