Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de compensación APE F8.01 polígono 2 (expediente 13/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión do 15 de febreiro de 2002, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Aproba-lo proxecto de compensación do polígono 2 do APE F8.01 Ronda de Outeiro-Isaac Peral presentado por Ventorrillo Coruña, S.A. o 28 de xaneiro de 2002, facendo constar, en canto á descrición da parcela B, o límite do uso residencial establecido no artigo 11.1º b) da L.S.G., condicionado ó ingreso das cantidades que se requiren nos puntos 2 e 3 e a presentación do aval.

2. Allear a Ventorrillo Coruña, S.A. o 10% do aproveitamento municipal e requirir para que no prazo de 15 días presente aval suficiente que garanta o pagamento do prezo do alleamento do 10% municipal, que se valora en cento tres millóns quiñentas vinteoito mil oitocentas trinta e dúas (103.528.832) pesetas; seiscentos vintedous mil douscentos vinte euros con oitenta e un céntimos (622.220,81 euros) incrementando no 20% para facer fronte os xuros, se é o caso, que ascende a vinte millóns setecentas cinco mil setecentas sesenta e seis (20.705.766) pesetas; centro vintecatro mil catrocentos cuarenta e catro euros con dezaseis céntimos (124.444,16 euros) e ingrese na caixa municipal o IVE correspondente ó alleamento, que ascende a dezaseis millóns quiñentas sesenta e catro mil seiscentas trece (16.564.613) pesetas; noventa e nove mil quiñentos cincuenta e cinco euros con trinta e tres céntimos (99.555,33 euros).

3. Allea-lo subsolo da parcela obxecto de cesión de uso público para aparcamento privado polo prezo de trinta e seis millóns seiscentas oitenta e dúas mil catrocentas oitenta e tres (36.682.483) pesetas; douscentos vinte mil catrocentos sesenta e seis euros con dezaseis céntimos (220.466, 16 euros) ó que se engadirá cinco millóns oitocentas sesenta e nove mil cento noventa e sete (5.869.197) pesetas; trinta e cinco mil douscentos setenta e catro con cincuenta e oito céntimos (35.274,58 euros) do 16% de IVE, do que resulta un prezo de corenta e dous millóns quiñentas cincuenta e unha mil seiscentas oitenta (42.551.680) pesetas; douscentos cincuenta e cinco mil setecentos corenta euros con sete céntimos (255.740,7 euros), cantidades que deberán ser ingresadas na caixa municipal no prazo de 15 días contados desde a notificación deste anuncio.

4. Acepta-la cesión das parcelas C e D o uso público, a C como espacio libre e a D, como vía peonil, tal e como se describen no proxecto de compensación, e incluílas no Inventario Municipal de Bens.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

Publícase, así mesmo, para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias ó Regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de Actos de Natureza Urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña 18, entre as 12 e as 13.30 horas, de luns a venres, durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñan por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 20 de febreiro de 2002.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda