Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto de Alcaldía, do 22-2-2002, aprobouse o prego tipo de cláusulas administrativas particu

lares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto por tramitación urxente, de subministración de equipos procesos de información, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo da subministración: 21 días.

Importe de licitación: 45.075,91 euros (modalidade de arrendamento financeiro en 36 mensualidades).

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece (13) días contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 22 de febreiro de 2002.

José Luis Castro Couto

Alcalde accidental