Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a contratación dos servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional ós beneficiarios da Seguridade Social nas áreas sanitarias de Lugo, Burela e Monforte de Lemos, polo procedemento de concurso aberto.

O director xeral da División de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 15.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 33), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento de concurso aberto seguinte:

Obxecto: contratación dos servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional ós beneficiarios da Seguridade Social nas áreas sanitarias de Lugo, Burela e Monforte de Lemos.

Adxudicatario: deserto.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos