Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación de servicios de seguridade no edificio sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de seguridade no edificio sede do Igape en Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 16 93. Fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 1/2002.

2. Obxecto do contrato: prestación dos servicios de seguridade do edificio sede do Igape en Santiago de Compostela.

Prazos de execución e vixencia: dous anos a partir da data de sinatura do contrato, prorrogables por acordo expreso das partes por dous anos máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: 272.878,68 euros (douscentos setenta e dous mil oitocentos setenta e oito euros con sesenta e oito céntimos), IVE incluído, para dúas anualidades, que corresponden a 136.439,34 euros por anualidade (4.032 A órzanse para efectos contables para revisión de prezos segundo o IPC estatal, no caso de prórroga).

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría A.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Página Web: www.xunta.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas na

sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Institugo Galego

de Promoción Económica