Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, polo que se empraza a Alejandro González García para que poida comparecer como demandado nos recursos 37/2001 e 67/2001, acumulados do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.

Interposto por Eduardo González Digon e Fernando Manuel Arias González recurso contencioso-administrativo contra resolucións da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente con datas do 9 e 17 de marzo de 2000, desestimatoria dos recursos de reposición interpostos polos recorrentes, impugnando todos e cada un dos actos administrativos consistentes na subscrición de contratos laborais de

carácter temporal para a cobertura de todas e cada unha das prazas vacantes que figuran na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia do 27 de decembro de 1999 (DOG do 29 de decembro), polo que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de decembro de 1999, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente; para a contratación para a cobertura de prazas que figuran reservadas a persoal laboral pertencentes ós servicios provinciais de Defensa contra Incendios Forestais, así como ós servicios de Montes e Industrias Forestais.

Intentado o emprazamento como demandado, por medio de carta certificada con xustificante de recepción, a que se refire o artigo 49 da Lei 29/1998, do interesado Alejandro González García, este foi devolto polo servicio de Correos coa observación de descoñecido no domicilio que constaba a esta consellería.

Na súa virtude, emprázase a Alejandro González García para que poida comparecer como demandado nos recursos 37/2001 e 67/2001, acumulados, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, no prazo de 9 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral de Medio Ambiente