Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 4 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU-188/01P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificáselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992 do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e

do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora do expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 4 de febreiro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU-188/01P.-Denunciado: Enrique Batlle Asensi.-DNI: 35094211-Y.-Derradeiro enderezo coñecido: avda. Diagonal, 421-4º, Barcelona.-Feito denunciado: pescar en luns non festivo, día inhábil para a pesca.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.-Cualificación da infracción: leve.-Sanción: multa de 60,10 euros.-Instructora: Miriam Areal López.