Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de decembro de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes Pecoazo e outros da parroquia da Xesta do concello de Lalín.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: José Luis Díez Yáñez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogada polo colexio da provincia).

Teodoro Arribas Serrano (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Vocais representantes da parroquia da Xesta do concello de Lalín:

Luis González Blanco.

Daniel Fernández Fernández.

Secretaria: Mª José León Gómez (xefa do Servicio Técnico-Xurídico da delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 12 de decembro de 2001, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, e escusando a súa asistencia o vocal Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia), reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación dos montes Pecoazo e outros, da parroquia da Xesta do concello de Lalín.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Luis González Blanco solicitou en data 24-6-1996 a iniciación dos trámites para a clasificación como veciñais en man común dos montes Pecoazo e outros, da parroquia da Xesta do concello de Lalín.

Segundo.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais na súa reunión de data 13-10-1999 acordou inicia-los trámites para a clasificación, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, co obxecto de elabora-lo informe preceptivo.

Terceiro.-Por acordo do xurado na reunión celebrada en data 19-10-2000 noméase relator a Teodoro Arribas Serrano.

Cuarto.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, procede a apertura do trámite de audiencia, non formulándose oposición e facéndose a correspondente anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Lalín.

Así mesmo, en data 16-11-2001, José López López formula as alegacións que estimou oportunas.

Quinto.-O instructor do expediente, Teodoro Arribas Serrano, expón a súa proposta, manifestando que os montes Costa da Fervenza, Penouzas, Lavagueira, Lúa ou Val de Laborea, monte dos Croios, Picouzo, A Silva, A Carpaceira e Abaixo dos Campos, dos

que se solicita a clasificación, obedecen á seguinte descrición:

Nome do monte: Costa da Fervenza.

Cabida: 10,51 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: partindo da divisoria de augas dirísexe cara ó sureste en aliñación recta a uns 50 metros ó norte da valgada que descende cara ó río Asneiro seguindo estremas con predios particulares de veciños de Torguedo, da parroquia de Catasós, e rematando nas proximidades da canle do río Asneiro.

Leste: desde o punto anterior e en dirección suroeste, augas arriba do río Asneiro, segue as estremas de leiras particulares ata o cruzamento coa pista que une Pontenofe e Fervenza coa estrada N-525.

Sur: seguindo a liña de máxima pendente en sentido ascendente ata alcanza-la divisoria de augas.

Oeste: desde o punto anterior segue a divisoria de augas ata pecha-lo perímetro co punto de partida na estrema norte.

Servidumes: a parcela está atravesada en toda a súa lonxitude pola pista que une Pontenofe e Fervenza coa estrada N-525.

Estremeiros:

Norte: Mercedes Ferreiro Jacome, Elisa Alvarellos Villar, Avelina e José Reboredo García e outros.

Sur: Antonio Rodríguez Fernández, María Juana García Ferradás, Ramona García Ferradás e outros.

Leste: Camilo Canda Novoa, María Amparo Quiroga, hros. de José Reboredo García e outros.

Oeste: Antonio García Amorín, José Luis Puga Iglesias, José Villar Reboredo e outros.

Descrición: por riba da pista anteriormente citada a parcela aparece cuberta por un rexenerado de piñeiro sobre queirogas, con rasos abondosos. Por debaixo da pista a masa arbórea está formada por unha mestura de carballo, bidueiro e rexenerado de piñeiro.

Próponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Nome do monte: Penouzas.

Cabida: 23,94 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: valado por medio que estrema con propiedade particular do Pazo da Xesta ata unirse co camiño ó monte dos Croios seguindo este ata a súa intersección co camiño que se dirixe cara Puxallos.

Leste: desde a intersección anterior, segue o camiño que une este co monte dos Croios coa pista que une Puxallos coa estrada de Ourense, ata unhas rochas sobre a zarra de Pazo, desde alí bordeando leiras privadas segue ata alcanza-lo cruzamento de camiños do que parte o que desde Puxallos se dirixe á estrada PO-202.

Sur: desde o punto anterior segue estremas de predios privados ata alcanzar valado que estrema coa granxa de Lagorzos, seguindo este valado ata o camiño que une esta granxa con Puxallos.

Oeste: desde o punto anterior dirísexe cara ó norte, seguindo o valado que separa prados, pista e estremas con predios particulares sinalados cun suco, ata o valado que separa a leira Lagorzos, desde alí ata o peche coa estrema norte.

Servidumes: a parcela está atravesada por varios camiños que, partindo do cruzamento situado na unión dos límites leste e sur, se dirixen a Seixas, á granxa de Lagorzos, á estrada PO-202 Lalín-Carballo e á ponte de Pontenofe. Así mesmo, aparece atravesada por un tendido eléctrico. No sur da parcela, coincidindo coas cotas máis altas dela atópase un xacigo arqueolóxico, dintinguíndose varias mámoas sobre o terreo.

Estremeiros:

Norte: herdeiros de José Reboredo López, José Lalín Pichel e esposa, Avelino Villamarín Valdonado e outros.

Oeste: Jesús Munín Ferrada, Ramón Gónzalez Jácome, José Iglesias Fernández e outros.

Sur: José Alvarellos Iglesias, Consuelo Alvarellos, María Josefa Alvarellos Villar e outros.

Leste: Pedro González Jácome, Andrés García Rodríguez, Camilo González Bodario e outros.

Descrición: matorreira de toxo e queiroga, observándose rexenerado ocasional de piñeiro e bidueiros nas zonas máis baixas, signos de pastoreo e afloramentos rochosos.

Próponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Nome do monte: Lavagueira.

Cabida: 9, 97 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: pista que une Puxallos coa estrada PO-202 Lalín-Carballo.

Leste: propiedades particulares, valado por medio, ata cruzamento con camiño de Lavagueira de Abaixo.

Sur: sepárase do camiño de Lavagueira de Abaixo seguindo valado que separa de leiras particulares, descendendo ata as proximidades do río Seixas afastándose de novo del seguindo estrema con prados.

Oeste: segue valado de separación con leiras particulares, cruzando o tendido de ferrocarril Santiago de Compostela-Ourense a uns 60 m da boca sur do túnel, ata o cruzamento co camiño de Lavagueira de Abaixo. Desde alí segue valado de separación con leiras particulares ata cruzamento coa pista que une Puxallos coa estrada PO-202 Lalín-Carballo.

Servidumes: a leira está atravesada por camiño de Lavagueira de Abaixo con ramais que, partindo del, se dirixen ó Muíño do Ferrador e ó campo de fútbol. Vía e boca de túnel do ferrocarril Santiago de Compostela-Ourense.

Estremeiros:

Norte: pista que une Puxallos coa estrada PO-202 Lalín-Carballo.

Leste: Consuelo Ojea Gómez, Germán Ojea Gómez, Dosinda Ojea Gómez e outros.

Sur: José Senra García, Manuel Lalín Cibeira, José Varela García e outros.

Oeste: José Froiz Novoa, vía ferrocarril Santiago-Ourense, Amelia Gil González e outros.

Descrición: realizouse unha nivelación na parte máis alta da parcela destinada a instalación do campo de fútbol da Xesta. O resto da parcela está cuberta por abondoso rexenerado de piñeiro, con algunhas zonas con pés malformados, resto dunha corta realizada o último ano.

Proponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Nome do monte: Lúa ou Val de Laborea.

Cabida: 3,262 ha aproximadamente.

Estremas: o camiño de Picouzo de Arriba divide en dúas esta parcela deixando ó leste unha parte de forma triangular coñecida como Lúa, con estremas oeste e norte co citado camiño, leste con camiño veciñal de Puxallos e sur valado por medio, con leira privada.

A parte oeste ten as seguintes estremas:

Norte: valado de terra (torrón) por medio, con leiras particulares.

Leste: camiño de Picouzo de Arriba.

Sur: leiras particulares de veciños da Xesta en aliñación recta ata valado de pedra.

Oeste: valado de pedra por medio, leiras particulares.

Servidumes: a leira aparece dividida polo camiño de Picouzo de Arriba, que a atravesa de norte a sur.

Estremeiros:

Parte leste Lúa.

Norte: Basilisa Canda Novo, David Fariñas González, José Luis Puga Iglesias e outros.

Leste: camiño veciñal de Puxallos.

Sur: Benita Amorín Pascual, José González López, José Rodríguez González.

Oeste: camiño de Picouzo de Arriba.

Parte oeste, Val de Laborea.

Norte: María González.

Leste: camiño de Picouzo de Arriba.

Sur: José González Crespo e José Crespo Enríquez.

Oeste: Nicolás Roza Silva.

Descrición: ámbalas parcelas están en monte alto cubertas de matorreira de queiroga e xesta con abondoso rexenerado de piñeiro e carballo.

Proponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Nome do monte: monte dos Croios.

Cabida: 5,9 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: partindo desde o camiño de Picouzo ata pista forestal, estrema valado por medio, con leiras particulares.

Leste: leiras particulares desde o punto último anterior ata pista forestal e masa de carballo.

Sur: valado por medio, con leiras particulares.

Oeste: leiras particulares.

Servidumes: a parcela está atravesada polo camiño de Picouzo e por varios ramais del.

Estremeiros:

Norte: Antonio Blanco, José Ferreiro e outros.

Leste: Remigio Reboredo Varela, hros. de Manuel Rodríguez Reboredo e outros.

Sur: Manuel H. Baleiro, Amadeo Fernández Hernández e outros.

Oeste: José Fernández Ferreiro, Manuel Reboredo González e outros.

Descrición: rexenerado de piñeiro e matorreira de queiroga e afloramentos rochosos.

Proponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Nome do monte: Picouzo

Cabida: 5,70 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: regueiro de Valiño, camiño veciñal e particulares.

Leste: camiño veciñal e particulares.

Sur: Concello de Dozón.

Oeste: regueiro de Valiño e leiras particulares.

Servidumes: está atravesada por pistas de acceso a muíño e leiras particulares e por camiño veciñal.

Descrición: rexenerado de piñeiro e bidueiro, e formación de ribeira nas proximidades do río Seixas.

Proponse a súa clasificación por reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común,

e segrégase da petición aproximadamente 23,75 ha por pertenceren á parroquia de Sanguiñedo, concello de Dozón e non quedar demostrado o aproveitamento exclusivo polos veciños da parroquia da Xesta, concello de Lalín.

Nome do monte: Silva

Cabida: 5,98 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: separada por suco e torrón, predio particular ata río Seixas.

Leste: río Seixas.

Sur: monte das Seixas, leiras particulares valado por medio.

Oeste: regueiro ascendendo ata a estrema norte.

Servidumes: parcialmente percorrido por camiños de acceso a leiras estremeiras.

Estremeiros:

Norte: José González López, Ramona García.

Leste: río Seixas.

Sur: Fernando Varela, Eladio Presas Valín e outros.

Oeste: José González López e concello de Dozón.

Descrición: matorreira de queiroga e toxo, con escasa presencia de rexenerado de bidueiro e piñeiro. Vexetación de ribeira nas proximidades do río Seixas.

Proponse a non clasificación por pertencer á parroquia de Sanguiñedo, concello de Dozón e non quedar demostrado o aproveitamento exclusivo polos veciños da parroquia da Xesta do concello de Lalín.

Nome do monte: Carpaceira

Cabida: 4,62 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: seguindo liña de nivel, leiras particulares.

Leste: leiras particulares, valado por medio ata estrada de Seixas a PO-202.

Sur: estrada de Seixas a PO-202.

Oeste: leiras particulares, valado e suco-torrón por medio.

Servidumes: está atravesada por camiño que, partindo da estrada que une Seixas coa estrada PO-202, chega a Seixas. Depósito de augas de subministración a Seixas.

Estremeiros:

Norte: Ramona Cibeira González, Eladio Presas Valín e outros.

Leste: Concello de Dozón, Fernando Varela e outros.

Sur: Concello de Dozón.

Oeste: Ramona Cibeira González, hros. de José Lalín e outros.

Descrición: matorreira toxeira-queirogal, gando.

Proponse a non clasificación por pertencer á parroquia de Sanguiñedo, concello de Dozón e non quedar demostrado o aproveitamento exclusivo polos veciños da parroquia da Xesta do concello de Lalín.

Nome do monte: Abaixo dos Campos.

Cabida: 1,86 ha aproximadamente.

Estremas:

Norte: predios particulares, valado por medio.

Leste: predios particulares.

Sur: predios particulares, valado por medio.

Oeste: camiño veciñal de Navallo.

Servidumes: atravesada por camiños de servidume de Navallo. Parcialmente cultivada con cereal, autorizado polo común.

Estremeiros:

Norte: José Gónzalez López.

Leste: Manuel Lalín Paz.

Sur: José Iglesias Fernández, José González López.

Oeste: David Jácome Villar, Adelaida Gutiérrez Lalín e outros.

Descrición: matorreira de toxo, escasos carballos e cultivo de centeo.

Fundamentos de dereito.

1. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2. De conformidade co establecido no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, así como o artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa cualidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento veciñal de feito do dito monte por parte dos veciños.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación ó caso examinado, o instructor propón e, de maneira unánime, o xurado acorda:

1. Clasificar como veciñais en man común a favor dos veciños da parroquia da Xesta do concello de Lalín os montes Costa da Fervenza, Penouzas, Lavagueira, Lúa ou Val de Laborea, monte dos Croios, Picouzo e Abaixo dos Campos, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, correspondéndose coa planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable desta resolución, e de acordo coa descrición, cabida e estremas sinaladas no antecedente de feito quinto.

2. Non clasificar como veciñais en man común os montes A Silva e Carpaceira por pertenceren á parroquia de Sanguiñedo do concello de Dozón e non quedar demostrado o aproveitamento exclusivo polos veciños da parroquia da Xesta do concello de Lalín.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 20 de decembro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra