Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de reparcelación da unidade reparcelable sita nas rúas Quintela e Ramón Busch (expediente 4280/401).

Aprobado inicialmente o proxecto de reparcelación da unidade reparcelable sita nas rúas Quintela e Ramón Busch do vixente PXOU de Vigo e redactado pola Oficina Técnica de Planeamento con data do 13 de decembro de 2001, sométese ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no DOG, segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a data da publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo, sita na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo