Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases para a constitución e o funcionamento da xunta de compensación do Plan parcial Quirós (expediente 4329/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 31 de xaneiro de 2002, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución e o funcionamento da xunta de compensación do polígono único delimitado para a execución do Plan parcial Quirós, presentado con data do 17 de decembro de 2001 no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo por Ubaldino Rodríguez Bello, como presidente da comisión xestora do devandito polígono.

Rectificadas as observacións que se conteñen na parte expositiva do acordo de aprobación inicial do Plan parcial de Quirós, a través de documento presentado polo presidente da comisión xestora no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 8 de febreiro de 2002, sométese a información pública polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e 161.3º do Regulamento de xestión urbanística.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o último anuncio.

A documentación atópase na Oficina de Información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo, sita na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de febreiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo