Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da unidade reparcelable na rúa Quintela (expediente 7365/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 18 de xaneiro de 2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na unidade reparcelable r/ Quintela e Ramón Busch, redactado polos servicios técnicos municipais da Oficina de Planeamento e Xestión da Xerencia Municipal de Urbanismo, con data do 20 de decembro de 2001.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través de publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o último anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Fíxese no taboleiro de anuncios da Xerencia de Urbanismo.

Vigo, 28 de xaneiro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo