Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 28 de decembro de 2001, o proxecto de urbanización e novo trazado da rúa Tafona (tramo I), promovido polo Concello de Caldas de Reis, e redactado polo arquitecto Santiago Domínguez Baltar, sométese a información pública polo prazo dun mes, para efectos de alegacións, conforme o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición dos interesados na oficina de obras do concello.

Caldas de Reis, 24 de xaneiro de 2002.

José María Tobío Barreira

Alcalde