Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación, por concurso, do servicio de transporte para as actividades extraescolares nos distintos centros públicos de ensino e outros transportes do Concello de Cambre.

-Orzamento:

Prezos unitarios por itinerario:

-Itinerario 1: 37,82 A.-Itinerario 2: 75,63 A.-Itinerario 3: 37,82 A.-Itinerario 4: 37,82 A.-Itinerario 5: 75,63 A.-Itinerario 6: 75,63 A.-Itinerario 7: 51,32 A.-Itinerario 8: 51,64 A.-Itinerario 9: 75,63 A.-Itinerario 10: 75,63 A.-Itinerario 11: 75,63 A.-Itinerario 12: 64,31 A.-Itinerario 13: 51,45 A.-Itinerario 14: 75,63 A.

Prezo total máximo anual por itinerarios preestablecidos: 35.439,17 A IVE incluído.

Novos servicios:

-Prezo base media xornada: 132,22 A.

-Prezo base xornada completa: 228,38 A.

-Coeficiente multiplicador k: 0,72 A/km.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 44, do 22 de febreiro do ano que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 23 de febreiro de 2002.

P.D. (Resolución alcaldía 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente de alcalde